
das Artes
Música, teatro, danza e creación nun espazo aberto para compartir, emocionar e celebrar a cultura.
das Letras
A palabra como punto de encontro. Literatura, lingua e pensamento para sentir, ler, escoitar e conversar.
da Vida
Un lugar para convivir, aprender e celebrar a comunidade a través da memoria, a tradición e o futuro.

se a vida,
vos dá limóns...
Festiletras debuxa unha paisaxe sonora e literaria coidada e exquisita na que conviven a música de raíz e as propostas de vangarda cultural máis actuais nunha ampla diversidade de estilos.
Nós
Desde 1982, as Festiletras fan da Aldea do Couto un lugar onde a cultura galega se atopa, se comparte e segue medrando. Un proxecto que, corenta e catro anos despois, continúa abrindo espazo tanto ás voces consolidadas como á creación emerxente, mantendo intacta a súa aposta pola lingua, as artes e as letras.