airearte
Unha iniciativa que quere introducir a cultura artística no rural, facendo do Couto un novo espazo, implicando á poboación nun proxecto único e diferente do que se poidan sentir orgullosos, dinamizando o pobo e potenciando o turismo.
O proxecto Airearte e un exemplo de como a arte urbana pode tamén ter cabida no rural, son varias as intervencións levadas a cabo durante os 5 últimos anos por varios artistas de recoñecida traxectoria coma Yoseba Muruzabal, Lidia Cao, Paula Fraile, Luís Davila, Mou e Sokram de Mutante Creativo, Juan Rivas ou Cestola na Cachola os cales adaptaron as súas obras ao lugar onde se incidía, dando un bo exemplo de como levar a arte e a cultura ás rúas do rural e combater o "Feísmo" tan presente tamén nas nosas aldeas. Nas últimas edicións a aldea do Couto foise convertendo nun pequeno museo ao aire libre no que contemplar as obras de muralistas moi destacados, coa idea de que este museo vaia medrando ano a ano en prefecta armonía coa aldea. Apostando polos artistas galegos emerxentes.
