top of page

nós

As Festiletras naceron na Aldea do Couto en 1982, como un espazo para todos, un reflexo da tradición cultural. Desde os seus inicios propuxéronse construir un espazo con capacidade para acoller e dar conta da cultura Galega como un dos seus valores fundamentais. Traballan para garantir, á persoas de todas as idades, unha experiencia positiva e enriquecedora.

Unha das tarefas desde a organización é de actuar como unha gran xanela á cultura tanto presente como emerxente. Un valor singular que define a filosofía do festival e que logrou xerar un público comprometido co proxecto. Unha aldea singular da Costa da Morte festexa corenta e tres anos de letras, de música, de teatro e dunha aposta decidida pola cultura galega.

O Monte Branco inspirou, hai xa corenta e tres anos, un novo movemento cultural que revolucionou o
asociacionismo rural. Aldea atípica de non máis de oitenta casas, unha especie de aldea gala no concello de Ponteceso. Se cadra, por estar administrativamente algo soíños. afixémonos a desenvolvernos por nós mesmos. Tamén puido ser pola gran herdanza cultural dos avós e avoas que temos mortos. Sempre nos esforzámos por manter un extenso programa de actividades para desfrute veciñal.

Sempre nos esforzámos por manter un extenso programa de actividades para desfrute veciñal. Unha pequena aldea chamada O Couto. Ubicada nunha na franxa imaxinaria entre o mar e a terra, onde o insigne Eduardo Pondal tivo o seu primeiro encontro coa auga bendita. Aquí naceu a Asociación Cultural Monte Branco. Con poucos medios, pero con moitas ideas e máis ganas aínda. E hoxe forma parte tamén desa paisaxe.

© 2025 FESTILETRAS

bottom of page